Nufraga o Siempre Diana perto de Malpica

Nufraga o Siempre Diana perto de Malpica

04 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Rescatados os 4 tripulantes do pesqueiro "Siempre Diana" volcado a unha milla de Malpica. Outro pesqueiro que estaba nas inmediacións do naufraxio rescatóunos en aparente bo estado de saúde.

Á primeira hora da mañá, o pesqueiro Sempre Diana envorcou a unha milla da entrada do porto de Malpica e os seus 4 tripulantes foron rescatados polo pesqueiro Lua Nova, que se atopaba nas proximidades do naufraxio, e trasladounos en aparente bo estado de saúde a Malpica. No porto esperábaos unha ambulancia para prestarlles as atencións médicas necesarias xa que os 4 homes rescatados presentan síntomas de hipotermia leve.

Salvamento Marítimo tivo constancia da emerxencia ás 9.20 horas cando xa se produciu o rescate. A embarcación Salvamar Mirfak dirixiuse á zona do naufraxio e comprobou que o pesqueiro está emihundido. O porto base do Sempre Diana, de 12 metros de eslora, é Laxe.

Sociedade