Nunca Máis concentrarase o 16 de outubro coincidindo co inicio do xuízo do Prestige

Nunca Máis concentrarase o 16 de outubro coincidindo co inicio do xuízo do Prestige

06 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Nunca Máis agarda que o xuízo do Prestige depure responsabilidades, que se condene aos que coa súa actuación converteron un accidente marítimo nunha catástrofe. Afirman desde a Plataforma que nestes 10 anos desde o sinistro producíronse melloras en Salvamento Marítimo e nas normativas, pero din que aínda persisten eivas na seguridade marítima como a falta de contr

Nunca Máis considera que a nosa comunidade debería ser a sede dos centros de decisión marítima xa que polo litoral galego pasan anualmente centos de buques con mercadorías perigosas. Tamén denuncian a falta de control sobre o pecio do Prestige afundido con máis de mil toneladas de crú no seu interior. Por todo isto Nunca Máis convocou unha concentración para o 16 de outubro na Coruña coincidindo coa apertura do xuízo oral do Prestige.

Sociedade