Nuria Roibás: “Ás veces, na busca do príncipe ou princesa azul, atopámonos que é tan irreal que chega a destinguir”

Nuria Roibás: “Ás veces, na busca do príncipe ou princesa azul, atopámonos que é tan irreal que chega a destinguir”

28 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Quérote por riba de todo”, “ámote máis que á miña vida” ou “sen ti morro”. Son expresións que, de primeiras, soan apaixoadas pero que no trasfondo, reproducen clichés ou estereotipos do denominado “amor romántico”.

A psicóloga do Centro Quérote de Ferrol, Nuria Roibás, asegura que o que coñecemos como “amor romántico” non é máis ca unha construcción cultural que varía en función do período histórico ou da sociedade na que se desenvolva a persoa. A literatura, a música e o cine son os principais constructores e transmisores deste prototipo.

No programa Falemos de Sexo, Nuria Roibás  explicou esta mañá en Radiofusión as características do “amor romántico” na nosa sociedade, un estereotipo que entende ás persoas como metades. O problema, segundo a psicóloga, é que “esta procura da media laranxa crea unha dependencia no desenvolvemento vital e na autorrealización da propia persoa”. 

Outra das características do “amor romántico” pasa pola idealización da parella e a relación, obviando a realidade. E tamén neste caso xorde un problema se temos unhas expectativas exaxeradas sobre o amado ou amada que logo non se cumpren, asegura Nuria Roibás.   

Sociedade