O último en telefonía.

O último en telefonía
28 de Febreiro, 2024 - 03:50 h. | Publicada por Radio Fene

Un teléfono duro, con potente batería. Teléfonos con moi boas cámaras e que incorporan a intelixencia artificial para o tratamento da imaxe. Son moitas as novidades presentadas no Mobile World Congress, unha feira para profesionais, das máis importantes do sector, que se celebra en Barcelona. Visitouna o colaborador de Radio Fene Iago Varela.

ESCOITA O PODCAST:

Non faltaron Google e Microsoft e tamén as empresas de telefonía. Dúas das marcas aproveitaron para facer a presentación mundial dos seus teléfonos de referencia Honor Magic 6 Pro e a nova serie Xiaomi 14. Estes novos dispositivos apostan por  fortalecer a parte fotográfica do teléfono e pola Intelixencia Artificial, o que chaman intelixencias proactivas na edición de imaxes fotográficas e de vídeo. Son modelos caros que en prevenda saen con ofertas destacadas. Para petos con menos posibles, a marca chinesa TCL, que mercou Alcatel, ofrece catro dispositivos con prezos que andan polos 200 euros. E para público que precisa un teléfono con moita batería, o teléfono que presenta a empresa Energizer, a das pilas. “O que ten a mellor batería da historia”.  Dura semana e pico con uso intensivo e ata un mes con uso normal. Iso si nin é lixeiro nin para levar no peto.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora