O “Tic-Tac” de Kalandraka marca a hora en Ferrol

O “Tic-Tac” de Kalandraka marca a hora en Ferrol

02 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con precisión de mecanismo de reloxo, así encaixan ilustracións e acordes en “Tic-Tac”, o libro disco que vén de editar Kalandraka e que resulta da mestura do traballo a catro mans e dous talentos do ilustrador suizo afincado en Galicia Marc Taeger e do músico coruñés Pablo Díaz. Os dous creadores salientaron en Radiofusiòn a boa complementación do seu traballo: as técnicas tradicionais de gravado de Taeger traduciron b

No minuteiro deste reloxo de fantasía para nenos e nenas o tempo pasa veloz grazas a colaboracións doutros artistas da escena musical galega, como Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey ou Route. Do limiar encárgase o antigo líder de Radio Futura Santiago Auserón e do epílogo o ex Diplomático e Xurxo Souto, agoras nos Tres Trebóns. No medio de todos eles fican Marc Taeger, quen empregou a traballosa técnica do linogravado para conseguir a estética precisa para “Tic-Tac”, e Pablo Díaz, quen agarda que o proxecto, a súa obra prima en solitario, sirva para cubrir o oco que existe na música infantil en galego.

Cultura