O 1 de xullo arrinca o Verán máis alá 2011

O 1 de xullo arrinca o Verán máis alá 2011

19 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Coa finalidade de conciliar a vida laboral e familiar, o Concello de Fene organiza, un ano máis, o programa o “Verán máis alá”. Do 1 ao 29 de xullo os nenos de 3 a 12 anos poderán participar neste espazo de risas e xogos onde se fomenta o uso do galego. Entre as oito da mañá e as dúas e media da tarde nenos e nenas divertiranse aprendendo nos valores de igualdade, participación e traballo en grupo.

As actividades principais do “Verán máis alá” desenvólvense, como vén sendo habitual nos ultimos anos, no colexio Centieiras de Perlío. Tamén visitarán a Piscina Municipal e o Parque de Educación Vial de Barallobre. Haberá tempo para a cultura con cine, teatro, arte, maxia, danza e música.  

Ofértanse un total de 120 prazas que se outorgarán por rigorosa orde de inscrición. O prazo para anotarse comeza o luns 6 de xuño, para os cativos empadroados no Concello de Fene, en horario ininterrumpido de 8 da mañá a sete da tarde e o martes, 7 de xuño, en horario de mañá. Os rapaces doutros concellos poderán apuntarse o mércores e o venres, 8 e 9 de xuño, só en horario de mañá. As inscricións entregaranse no Departamento de Cultura, deportes e Xuventude, na Avenida naturais 44, entrechán dereita. A listaxe de participantes publicarase o luns 13 de xuño.

Sociedade