O 20 de decembro abre a pista de xeo da Praza de España

O 20 de decembro abre a pista de xeo da Praza de España

19 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Iceland albergará a única pista de xeo de toda a comarca, na praza de España de Ferrol . Abre as súas portas o venres 20 de decembro, ás 17h da tarde. Trátase dunha gran cúpula transparente, que alberga unha pista de xeo natural disposta para nenos e adultos. 5€ é o que custa patinar 45 minutos co aluguer  de patíns incluídos. A pista de xeo equipada por Invernalia, empresa responsable das principais pistas de xeo de Espa&nt

Tres monitores titulados coidarán en todo momento dos usuarios máis inexpertos, tamén 6 andadores facilitan a aprendizaxe “cero caídas” Asimesmo disponse dun trineo para minusválidos ou 30 pares de patíns de dobre coitela de iniciación desde os dous anos.
A pista disporá de 250 pares de patíns de todas as tallas e unha zona exclusiva para patinadores con chan protexido e bancos para que os usuarios se cambien comodamente.
A pista inaugurase mañá venres ás 17h da tarde, e permanecerá aberta de luns a domingo. As mañás abrirá de 11.00h a 14.00h, as tardes de 16.30h a 22.00h. Os fins de semana realizará espectaculares sesións nocturnas de 23.00h a 02.00h da madrugada.
Iceland ofrece tamén a posibilidade de reservar a pista para grupos, para celebrar aniversarios ou calquera outro tipo de evento. Os interesados poden enviar un correo electrónico a icelandferrol@gmail.com para realizar o seu reserva.

Sociedade