O 8% dos galegos padece diabete

O 8% dos galegos padece diabete

13 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Máis de 220.000 galegos, o 8% da poboación, padecen diabete. Unha cifra que pon de relevancia a importancia da conmemoración neste sábado 14 de novembro, do día mundial desta doenza. Todas cidades galegas acollerán actos para visibilizar esta data. Organizaranse conferencias, repartirase material informativo e ofrecerase a oportunidade de realizar controis de glicosa. Ademais, monumentos significativos de distintos concellos ilumiranse  de cor azul co

Ante a conmemoración do Día Mundial da Diabete, as asociacións de afectados alertan de que os malos hábitos alimenticios e o sedentarismo están a provocar un grande aumento da enfermidade. As autoridades sanitarias preocúpanse especialmente porque comenzan a aparecer casos de diabete tipo 2, que tradicionalmente afectaba só a adultos, en nenos e preadolescentes.

A Federación Galega de Asociacións de Diabéticos ten marcha, estre outras actividades, a campaña Na diabete tipo 2, controla, na que se incide en que moitas persoas descoñecen que padecen a enfermidade e que outros, sabéndoo, non toman as medidas axeitadas.

Sociedade