O aceiro forma parte da súa vida

O aceiro forma parte da súa vida
16 de Xaneiro, 2020 - 12:36 h. | Publicada por Radio Fene

Ten relación co aceiro e co ferro case desde que ten uso de razón . José Luís González Loureiro, traballou case que 40 anos en Astano. Ten no seu haber máis de 30 de adicación intensa ao exercicio da pintura. A súa creación orientouse entre a abstracción lírica e xeométrica. Segundo indica Loureiro, tras o seu paso pola construción naval, a relación coa aceiro forma parte da súa vida. Declárase devoto do construtivismo.

ESCOITA O PODCAST:
José Luis González Loureiro naceu en Sedes (Narón)

Unha das súas obras é o Monumento á Memoria Histórica do paseo marítimo de San Valentín (Fene A Coruña). Inaugurado no ano da Memoria no 2006 quere representar espiritualidade e estilización, parte dunha silueta. As caixas da base pretenden simbolizar a recollida das cinzas, das vítimas da represión franquista, espalladas polos camiños. O documentalista Carlos Caraglia realizou unha curtametraxe sobre a obra de Loureiro. Preséntase ás once da mañá deste domingo nos cines Odeón do polígono da Gándara en Narón.

Cultura

Publica o teu comentario agora