O acondicionamento do campo da festa de Preguntoño comezará en breve

O acondicionamento do campo da festa de Preguntoño comezará en breve

10 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Concello de Arzúa vén de adxudicar á empresa Construccións Tato, con sede neste municipio,  as obras que permitirán adecentar o campo da festa do lugar de Preguntoño, na parroquia de Burres. En palabras do Concelleiro de Obras, Xosé León, “esta actuación precisa dun investimento de 75.000 euros, que se destinarán ao acondicionamento dunha zona moi aprezada polos veciños do lugar como cen

O proxecto que o equipo de goberno presentou no pasado mes de xaneiro para ser incluído dentro do Fondo Estatal de Investimento Local contempla a recuperación do palco existente no lugar como local social que os veciños poderán empregar para todas aquelas actividades parroquiais que se celebren ao longo do ano ademais de supoñer, como sinalou Xosé León, “unha grande oportunidade para dinamizar a vida nos núcleos rurais ao posibilitar que os veciños dispoñan dun lugar no que reunirse ou desenvolver calquera outra actividade de tipo lúdico ou formativo”.

 

         Ademais do acondicionamento do centro social, o equipo de goberno ten previsto executar as obras precisas para acabar o cierre perimetral do campo xunto coa preparación da  superficie  cun completo programa de drenaxe do mesmo.

 

Esta actuación súmase a outra serie de iniciativas que o goberno de Arzúa incluiu no capital achegado dos fondos do Estado (1.155.000 euros), algunhas delas xa adxudicadas como o programa de rexeneración dos carballos existentes no recinto feiral.

Sociedade