O Adriano levado ao teatro

Queren estrear a peza na primavera
10 de Decembro, 2019 - 10:26 h. | Publicada por Radio Fene

Helga Méndez e Fran Nogueira preparan unha obra teatral co vello cine Adriano como protagonista. Recopilan neste momento historias relacionadas coa sala de Barallobre que terán en conta para o guión.

ESCOITA O PODCAST:

A actriz e directora, Helga Méndez, prepara unha peza teatral sobre o cine Adriano de Barallobre. A intención é escribir os textos da peza a partir dos recordos da xente que pasou polo Adriano nalgunha ocasión. Agardan que as historias inspiren a peza que quere misturar, de forma dramatizada, esas vivencias, con esceas de cine e mesmo contar con música en directo como banda sonora. Son ideas de momento das dúas persoas que encabezan e protagonizaránesta iniciativa, a propia Helga Méndez e Fran Nogueira. Puxeron o 20 de decembro como data límite para enviar as testemuñas por wasap ou correo electrónico. Queren estrear na primavera.

Méndez non descarta mover a obra despois por outras localidade nas que ocurre como en Ferrol ou Fene, onde pecharon as salas de cine. A recollida de datos xa empezou e ata o Nadal recollen audios por wsap ou correo, tal e como nos conta, Helga Méndez. O sistema é recadar anécdotas e historias que se poden enviar á directora ferrolá a través do wasap, 665 0244 69. Tamén poden enviarse por escrito ao correo: proxectocineadriano@gmail.com

Cultura

Publica o teu comentario agora