ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Coa lectura do conto “Unha manchea de bicos” á rapazada de Infantil e primeiro de Primaria, a inspectora de Educación, Elena Urtiaga, abriu esta mañá no CEIP Centieiras de Fene o programa “Contamos”, iniciativa promovida pola dirección e o claustro deste centro coa que se pretende “abrir o colexio á comunidade educativa e estreitar lazos coas institucións e sociedades”. Participou tamén neste primeiro enco
Aproveitando a súa participación no programa “Contamos”, o alcalde de Fene e a inspectora de Educación realizaron ao remate da sesión unha visita en profundidade polas instalacións do centro. No devir deste percorrido, Juventino Trigo e Elena Urtiaga coñeceron de primeira man cómo é o funcionamento do CEIP Centieiras e cales son as súas principais demandas, entre as que salientaron -por parte da Dirección do colexio- a necesidade dunha cuberta para o patio.
Logo desta primeira sesión, o programa “Contamos” retomarase o vindeiro martes coa visita ao colexio da Concelleira de Cultura e Ensino, Amalia García.