O alcalde de Palas pregoa a festa da filloa da pedra na Baña

O alcalde de Palas pregoa a festa da filloa da pedra na Baña

02 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O alcalde de Palas de Rei e médico Fernando Pensado (natural do Concello da Baña) exercerá este domingo 3 de abril, como pregoeiro da Octava edición da Festa da Filloa da Pedra. A degustación do típico postre comezará as duas da tarde.

PROGRAMA DA FESTA DA FILLOA

10:00 h Apertura da VIII Festa da Filloa da Pedra

11:00 h Exhibición canina

12:00 h Actuación do grupo de gaiteiros Os Campantes da Baña

12:30 h Talleres filloeiros para nenos e adultos

13:00 h Pregón a cargo de don Fernando Pensado, alcalde de Palas de Rei

Hora límite de presentación dos pratos participantes no VII Certame de Cociña de Filloas da Pedra

13:30 h Actuación da Banda Municipal de Música Moderna da Baña

Deliberación do xurado do VII Certame de Cociña de Filloas da Pedra

14:00 h Degustación de filloas da pedra

16:00 h Actuación de charanga

17:00 h Talleres filloeiros para nenos e adultos

Hora límite de presentación dos carteis participantes no I Concurso de Carteis da Festa da Filloa da Pedra

Entrega dos premios do VII Certame de Cociña de Filloas da Pedra

Entrega dos premios do I Concurso de Carteis da Festa da Filloa da Pedra

18:00 h Actuación da orquestra Los Españoles

Sociedade