O alzheimer duplicaráse

O alzheimer duplicaráse para o 2038
05 de Decembro, 2018 - 11:02 h. | Publicada por Radio Oleiros

O alzhéimer afecta en Galicia a máis de sesenta mil persoas. A cifra vai en aumento e os efectos da enfermidade esténdense ás familias dos doentes. Calcúlase que en vinte anos duplicaráse a poboación afectada.

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Trátase dunha enfermidade neurodexenerativa e sen cura. As persoas coidadoras son maioritariamente mulleres con idades entre os 45 e os 65 anos. A súa situación agrávase no rural debido á dispersión e ao avellentamento da poboación. As últimas investigacións queren profundar no tratamento personalizado en grupos de enfermos, a posible relación entre patoloxías neurodexenerativas, a diabete e a obesidade.

Nestas patoloxías é imposible separar o binomio paciente coidador. A medicina tamén trata de aumentar a calidade de vida das persoas que conviven con esta enfermidade, unha epidemia silenciosa. O problema medrará exponencialmente nos vindeiros anos, segundo os científicos que calculan que a enfermidade se duplicará cada dúas décadas, se non se logra frear.

Sociedade

Publica o teu comentario agora