O amor e o maltrato na actualidade

O amor e o maltrato na actualidade

09 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O fiscal xefe do Partido Xudicial de Ferrol, Román Ruíz Alarcón, falará o vindeiro xoves día 17, da lei de medidas de protección integral á muller,  no marco das Xornadas Formativas contra a violencia de Xénero que se celebrarán no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. O programa, que está dirixido a profesionais que traballan na atención a mulleres maltratadas, abordará aspectos como as ordes de pro

Este encontro enmárcase dentro dos actos organizados polo Concello no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemorou o pasado 25 de novembro, e será inaugurado ás dez da mañá do día 17 pola edil de Benestar de Ferrol, Beatriz Sestayo. As inscripcións faránse na Casa da Muller de Ferrol. Rematará o día 15 e o número de prazas é limitado.

A conferencia inaugural correrá a cargo da asesora xurídica e experta en Igualdade María Debén Alfonso. A primeira das ponencias, a cargo do fiscal xefe do Partido Xudicial de Ferrol, Román Ruíz Alarcón, xirará en torno aos aspectos prácticos da aplicación actual da Lei 1/2004 do 28 de decembro de Medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e a Orde de Protección. As ponencias continuarán coa intervención de Mónica Ibáñez González, asesora da Dirección de atención ás vítimas de violencia de xénero do Departamento de Interior do Goberno vasco, quen falará acerca da responsta institucional do Goberno vasco fronte a este tipo de violencia machista.
A continuación, Yoana Magdalena Benavente, coordinadora da Rede Rexional de Casas de Acollida do Principado de Asturias exporá o proxecto marco para a atención integral das mulleres vítimas da violencia de xénero nesta Comunidade. Xa pola tarde, a partir das catro e media terá lugar o primeiro dos obrtadoiros que baixo a dirección da doutora en menciña, Lola Ferreiro, tratará sobre “Intervención en crise”.

A xornada do día 18, comenzará cunha ponencia a cargo do psicoanalísta Manuel Fernández Blanco sobre “Identidade feminina, amor e maltrato na actualidade” e continuará con dous novos obradoiros. O primeiro deles estará dirixido por Rosario Altable Vicario, profesora investigadora da Universidade de Valencia, e será sobre as relacións de parella e os distintos modelos amorosos. O segundo terá como relatora á psicóloga clínica Pilar González García, quen analizará a “Transmisión cultural do xénero e modelo amoroso: a bella e a bestia”. O programa destas xornadas contra a violencia de xénero rematará cun espectáculo festivo a cargo de MariBingo.

Con estes actos péchase o programa de actividades organizadas polo Concello de Ferrol para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Éste incluíu a presentación da guía “Controla que non te controlen” para a prevención e a erradicación da violencia de xénero elaborada polo Centro de Información á Muller, unha xornada na Casa da Xuventude uníndose á campaña Maltrato zero do Ministerio de Igualdade do Goberno de España, ou a gala. “Xa non nos quedan palabras...”, programada conxuntamente coas asociacións de mulleres do municipio e a Casa da Muller no Teatro Jofre.

Sociedade