O amor por Internet en El arte de perder de Dolores Beccaria

O amor por Internet en El arte de perder de Dolores Beccaria

27 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha relación sentimental establecida a través de Internet é o punto de partida da novela El arte de perder. Con ela a ferrolana Dolores Beccaria gañou esta madrugada o  premio Azorín da Editorial Planeta e a Diputación de Alacante dotado con 68.000 euros. Tras recoller o galardón, Beccaría, en roda de prensa, afirmou que a súa novela é "unha reivindicación do feito de perder" como paso previo para obter unha vitoria

A perda, "con independencia do que sexa, produce unha dor que nunca sae nos currículos dun mesmo". "Con todo, non me interesa a figura do perdedor. Interésame quen loita, se levanta e busca, quen ama e non o sabe, quen ama e se resiste a amar", agregou Beccaría, filóloga da Real Academia Española (RAE). O territorio da novela é internet, onde unha muller, Sara, de 40 anos e restauradora de arte, percibe que "non lle interesa o superficial" nas relacións sentimentais. "Quere algo especial e decide buscar ao home extraordinario, e opta por acudir a internet, ao chat", explicou a ganadora, quen asegurou que para "introducirse" no papel da protagonista abriu un perfil nun portal sentimental de internet.

Ao seu xuízo, a novela é a viaxe que realiza ela polo mundo virtual para alcanzar "o corazón do home buscado". Así mesmo, e subliñando o título da súa novela, Beccaría manifestou que só a constancia, o risco e o feito de perder conducen ao camiño de "gañar, polo menos, algún día". "Internet é un sitio onde un é espectador da vida doutros, no canto de ser protagonista da súa propia vida", indicou. O xurado destaca "a originalidad da historia da relación que mantén unha parella a través de Internet, por medio de emails e mensaxes de móbil". O xurado estivo integrado, entre outros, polos escritores Juan Eslava, Nativel Preciado, Luís Belda e Fernando Sánchez-Dragó.

Ao recoller o premio, Beccaria tivo palabras de agradecimiento para o xurado e, parafraseando a Azorín, dixo: "Non hai nada máis realista que un idealista". Despois recordou que ela se iniciou na literatura hai 20 anos. Sobre a novela, asegurou que "é un canto á arte de perder". "Un ten que adestrarse a perder para poder gañar", dixo. A novela, resumiu a súa autora, é unha "invitación ao batacazo".

A novela presentouse co titulo A estratexia do desexo e baixo o pseudónimo de Javier Tristán. Beccaria publicou varias novelas con Anagrama e quedou finalista no Premio Nadal con La  luna en Jorge.

A autora galardonada é doutora en filoloxía hispánica, traballou na Real Academia Española como lexicógrafa e lingüista e ademais é crítica literaria no suplemento do diario ABC.

Cultura