O Animalario e os libros de artista

Animalario e libros de artista
13 de Maio, 2019 - 12:53 h. | Publicada por Radio Fene

“Animalario”. Chamase así a primeira mostra de libros de artista elaborados no laboratorio Laudas Calamity. Participan 65 alumnos e alumnas nunha instalación preparada para o tránsito do espectador. A exposición inaugurase o venres 7 de xuño na Casa da Cultura de Fene. Actuará o grupo  musical Great city funk.

ESCOITA O PODCAST:
Laura Bouza presenta o Animalario

A idea do animal real ou inventado é o concepto que conecta as pezas de arte que integrarán a exposición. A imaxe e o texto conxugaranse nestes exemplares únicos.

Campamento de verán

Laudas Calamity tamén organiza un campamento artístico de verán para xullo e agosto. Enfocado a rapazada de 6 a 12 anos, impartirase de luns a venres de dez da mañá a duas da tarde nos meses de xullo e agosto. A través dun mundo de xogo as persoas asistentes convertiranse en chiquiexploradores da arte.

Cultura

Publica o teu comentario agora