O Apalpador chega a Perlío

O Apalpador chega a Perlío

19 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Apalpador visita Perlío. Recupera así esta tradición aínda conservada nas montañas do Courel. Mañá as cinco da tarde visitará o Círculo de Perlio. Virán duas animadoras para estar cos máis pequenos e tamén un xogo inchable. Repartiranse larpeiradas para pequenos e pequenas.

O dia de Ano vello vai haber baile. Amenizado polo solista Lázaro. O Circulo de Perlío organiza tamén para a noite de fin de ano unha cea con lagostinos, vieiras, carne asada e cabrito. Repartiránse uvas, cava e postres. Caldo limpo e chiculate con churros. O prato ascende a 50 euros. O Círculo advirte que se non se xuntan 20 parellas non se fará a cea.

Sociedade