O Apalpador nun “Nadal sen código de barras”

O Apalpador nun “Nadal sen código de barras”

23 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Outro Nadal é posible. Un que non sexa só consumista, senón que aposte por educar aos nenos no valor da reciclaxe, do feito a man, no valor do non mercado. Un Nadal “sen código de barras”, como gustan dicir no centro sociocultural compostelán A Gentalha do Pichel, que personifica esa mudanza do paradigma das festas na figura do Apalpador. Tras moitos anos esquecida, este colectivo traballou pola súa recuperación. A iso contribúe agora o lib

O Apalpador é un personaxe mítico, un xigante que chegados os últimos días do ano deixa atrás a preguiza e baixa das terras altas do Courel para render visita a nenos e nenas. Na Noite do Apalpadoiro, o tamén chamado Pandegueiro ou Apalpa-Barrigas, toca o ventre dos pequechos para saber se se alimentaron ben durante o ano. Antes de marchar, déixalles algún presente, sen faltar nunca as castañas para que cando volva o vindeiro ano teñan o bandullo cheo.

Agora, dende O Pichel, apostan por fixar a súa imaxe. “É necesario estandarizar para poder recoñecer”, explicou en Radiofusiòn Paulo Rico. Ademais, a súa “memoria viva” estivo a piques de perderse e cómpre preservala, como teñen feito rexistrando as fontes orixinais da tradición: os veciños máis maiores da montaña de Lugo.

Nos últimos tempos multiplícanse as representacións do Apalpador, mesmo en álbumes comerciais, feito no que Rico prefire non entremeterse: “Non estamos en contra de que alguén faga negocio, seguen o seu camiño”, di, aínda que matiza que existe “unha diferenza de fondo” co traballo da Gentalha.

Para os galegos, o Apalpador ten unha dimensión “simbólica”, malia compartir orixe con outros carboeiros recoñecidos en Europa. “Nos fai universais e simultaneamente de onde baixa é das nosas montañas, fala a nosa lingua e habita o noso país”, salienta Rico. Ademais adscríbeo á sociedade civil fronte a outros símbolos do Nadal vencellados á relixión ou ao comercio. “É dos movementos sociais” antes que das institucións dedicadas á cultura galega “que non fan o seu traballo”, láiase.

Sociedade