O aparcadoiro do Inferniño cambia de imaxe

O aparcadoiro do Inferniño cambia de imaxe

10 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O aparcadoiro da praza do Inferniño de Ferrol ofrecerá vantaxes de acceso e uso das instalacións aos residentes e comerciantes deste barrio. A iniciativa forma parte dos traballos de modernización e optimización aos que está sendo sometido o aparcamento e que rematarán dentro dun mes e medio. As obras de acondicionamento inclúen a renovación do sistema de iluminación, o pintado do recinto e a instalación de equipos tecnol&oacute

As melloras que se van realizar no aparcadoiro do Inferniño, nacen do recente proceso de regularización da situación administrativa do aparcadoiro, que está construido en terreos de titularidade municipal, pero explotado pola concesionaria Porta Nova Park S.A. O aparcadoiro, que foi construído a mediados dos anos 90, conta con 342 prazas distribuídas en dous andares.

As obras que xa comenzaron inclúen unha limpeza exhaustiva do inmoble, e labores de pintura e actuacións estructurais nos puntos nos que fora preciso, básicamente en sumidoiros e accesos peonís. Asimesmo faráse unha renovación integral do sistema de iluminación coa instalación tamén de novos letreiros luminosos.

Para dar cumprimento a normativa actual vixente nestas instalacións, serán instalados tamén un emisor de tickets e un lector de aboados, un módulo de lectura de matrículas nas vías de entrada, barreiras automáticas, un grupo de caixeiros automáticos, outro grupo de control e cobro manual.Do mesmo xeito, se pretende completar a dotación con modernos sistemas de vixiancia e control para mellorar a seguridade do aparcadoiro.

Asimesmo está prevista a aplicación de medidas especiais para os veciños da zona consistentes no acceso, en condicións privilexiadsas, ao uso en réxime de cesión permanente de prazas de aparcamento e o establecemento de acordos de colaboración cos comerciantes da zona, con especial atención aos que desenvolven a súa actividade no Centro Comercial Portanova.

Dende o Concello de Ferrol, sinálase que coas medidas acordadas se logrará un obxetivo fundamental para o goberno municipal como é mellorar o servizo ao cidadán, que disporá dunha zona de aparcamento estratéxica e adaptada ás súas necesidades.

Pola súa banda o xerente de Portanova Park SA, Ramón Antonio Mateo, salientou que as melloras realizadas contribuirán de xeito decisivo a unha necesaria e efectiva modernización do aparcadoiro. Amáis e tendo en conta que o aparcamento ocupa terreos de uso público, dende a sociedade concesionaria, tentarán orientar a súa política de prezos tendo en conta ás xentes que residen na zona. Mostrou tamén a súa intención de colaborar estreitamente coa veciñanza na organización de actividades e accións tendentes a dinamizar a vida social, cultural ou deportiva do barrio.

Sociedade