O ascenso do segundo clasificado vai a asamblea federativa

O ascenso do segundo clasificado vai a asamblea federativa

02 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Perlío e Maniños poderían ascender, ámbolos dous, a Primeira Autonómica se prospera a proposta de modificación de Santiago e Ferrol para que ascenda o mellor segundo dos cinco da provincia na Segunda Autonómica. Onte celebrouse nos locais da delegación en Ferrol da Federación Galega de Fútbol unha xuntanza entre os equipos compromisarios da federación e o presidente da mesma Carlos Meana. A mediados deste mes de marzo celebr&aacute

Santiago e Ferrol propoñen crear unha “liguilla” entre os cinco segundos da provincia e que ascenda o mellor segundo. Coruña está en contra desta proposta xa que actualmente ascende o primeiro e o segundo da súa demarcación. Son equipos compromisarios por Ferrolterra o Numancia de Ares, o Cultural Maniños, o Perlío, o Galicia de Mugardos, o Galicia de Caranza e o Narón.A proposta saiu de Santiago e foi apoiada por Ferrol na última asamblea. Os compromisarios composteláns e ferroláns propoñen que os cinco segundos, (dous de Santiago, Ferrol, Coruña e Costa da Morte) xoguen unha liguilla para determiñar o mellor. Na asamblea prevista para mediados deste mes esperan gañar cos votos de ámbalas duas demarcacións.

Deportes