O Aversion Fest atrae a Burela amantes da música rock e o metal

O Aversion Fest atrae a Burela amantes da música rock e o metal

04 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Os organizadores do Aversion Fest 2012, xunto co vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga e o alcalde de Burela, Jose Mª González Barcia participaron na presentación do festival deste ano, que celebra a súa segunda edición, os días 6 e 7 de abril no recinto da antiga Praza de Abastos de Burela, desde as 22:30 horas e 22:00 horas, respectivamente. A principal novidade deste ano está en que o festival se prolongará durante

O Aversion Fest, malia ter nacido coma un festival orientado ao Metal, Hardcore e xéneros afíns, este ano verá ampliada a oferta musical. Lonxe de mesturar os xéneros musicais, a idea é dedicar a primeira noite, a do venres 6 ao Rock, o Punk e estilos afíns; e a segunda, o sábado 7 ao Metal, o Hardcore e músicas semellantes. A primeira noite terá como asunto o lume, asociado á cor vermella; e a segunda ten como tema o caos, asociado á cor morada. “Para decorar o recinto usaremos materiais reutilizados na medida do posible. Desta maneira fomentamos o aproveitamento de recursos por medio da reciclaxe”, apuntou un dos organizadores.

En total 14 bandas actuarán esta fin de semana en Burela no Aversion Fest. A segunda edición desta cita musical ten como obxectivo atraer ata a Mariña tanto bandas xa consolidadas e coñecidas, como grupos amateur ou de ámbito máis reducido. Nesta ocasión chegan bandas dende Madrid e Portugal, pero tamén da veciña localidade de Viveiro ou da zona norte da provincia da Coruña, ademais dos grupos locais de Burela. As entradas en venta anticipada teñen un prezo de 8 euros, costando 10€ na billeteira. Os organizadores queren manter un prezo reducido para os asistentes sen que iso signifique menguar a calidade da música.

Cultura