O baile irlandés máis rápido e técnico no Teatro Colón de A Coruña

O baile irlandés máis rápido e técnico no Teatro Colón de A Coruña

16 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Magic of the dance" aterra no escenario do Teatro Colón Caixa Galicia o luns 19 de abril, para amosar o seu espectáculo, unha alternativa ao baile irlandés en clave de Tap Dance, coreografiado polo oito veces campión do mundo, John Carey. O espectáculo narra unha historia de amor no marco dunha Irlanda devastada pola fame, onde o ben e o mal se enfrontan, mesturándose a traxedia, a maxia e o romance. ‘Magic of the dance’ caracterí

A formación está composta por campións de baile irlandés así como figuras de Tap moderno americano. Un dos momentos máis destacables do espectáculo é cando se entrelaza o Tap Dance tradicional irlandés co estilo americano, chegando a saír chispas dos característicos zapatos dos bailaríns.

Durante os últimos dez anos, ‘Magic of the dance’ estivo de xira por todo o mundo, realizando unhas 2.500 funcións en cidades como París, Londres, Dublín, Viena, Barcelona, Oslo, Río de Xaneiro e Berlín entre outras. No seu 10º aniversario, o espectáculo reelaborouse cunha nova coreografía, traxes e efectos especiais, achegando diferentes matices ao público.  

A programación para a fin de semana continúa na sede da Fundación Caixa Galicia este sábado e o domingo co programa de ocio cultural deseñado polo Servizo Educativo da entidade cultural para nenos e nenas de tres a nove anos, ‘Findes animados’, nesta ocasión cun espectáculo científico ‘Misión especial espacial’, a cargo da Compañía Ciencia divertida.  

Sociedade