ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O pavillón polideportivo “A Xunqueira” de San Valentín- Fene- acolle o sábado, 14 de decembro, de 17.30 as 20h, a III Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón “Concello de Fene”. Dez escolas tomarán parte neste evento que organizan a asociación xuvenil Fene Movemento e o Concello de Fene, coa colaboración de Floristería Loto, do club Móvete de Mugardos e de SJ Sonido e iluminación.
A III Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón “Concello de Fene” contará coas actuacións das escolas municipais de Fene, Paso a paso e os Casais. Tamén participarán Fusion Dance, Fitness Fene, o club Móvete de Mugardos, Danzares, Tedaga Narón, Escola de Pontedeume e escola Brio. A maiores, está previsto que saian a pista distintas parellas de baile que actualmente compiten na modalidade de baile deportivo.