O Banco do Tempo de Arzúa programa dous talleres para este mes de maio

O Banco do Tempo de Arzúa programa dous talleres para este mes de maio

04 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Banco do Tempo de Arzúa, dependente da Concellaría de Benestar Social, ten previsto organizar para este mes de maio dous obradoiros destinados a todos os seus socios e a cantas persoas desexen participar. O primeiro deles, un taller de confección de obxectos de decoración, terá lugar este venres, día 8, ás catro da tarde no Recinto Feiral Terra do Queixo; o outro, u

Ambos os dous talleres serán impartidos por unha persoa que é socia do Banco e que, ao igual que as outras 17 persoas que na actualidade forman parte deste organismo, está disposta a ofrecer un pouco do seu tempo para ensinar habilidades aos veciños e veciñas do municipio que desexen compartir momentos de lecer. As persoas que desexen participar en calquera destes dous obradoiros deben anotarse antes do día 7 deste mes no Departamento do Banco de Tempo, situado nos baixos da Casa Consistorial ou ben chamando ao número 981.500000, ext. 48.

Segundo explicou a coordinadora do Banco do Tempo, Sonia Vaamonde, nestes dous obradoiros “tamén van participar os nenos e nenas que se encontran dentro do Programa de Educación Familiar” porque, engadiu, “é necesario que as familias coñezan a importancia dos intercambios de tempo e tarefas que calquera persoa pode ofrecer ou pedir nun momento puntual para posibilitar a conciliación da vida familiar e laboral”.

A andaina do Banco de Tempo en Arzúa comezou hai uns meses coas primeiras reunións polas parroquias, cando un grupo de persoas lle propuxo á técnica que o ideal sería a realización de actividades lúdicas e de lecer dado que a meirande parte das persoas do rural se atopaban en idade de xubilación e preferían actividades en grupos antes ca intercambios individuais de tarefas.

Foi entón, cando a primeiros do presente ano, comezaron actividades de manualidades: taller de confección de abelorios no mes de febreiro, taller de elaboración de flores no mes de marzo, diferentes películas didácticas e de entretemento con contido de solidariedade veciñal…

Polo mes de decembro e xaneiro asináronse acordos de colaboración entre o Banco de Tempo de Arzúa e algunhas asociacións e centros de ensinanza para facelos partícipes nesta iniciativa, é o caso da Asociación de Minusválidos de Arzúa (AMARAI).

Sociedade