O Barallobre actual

Así se denomina a convocatoria fotográfica da Liga de Amigos de Barallobre
05 de Novembro, 2020 - 11:37 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre actual é un concurso fotográfico organizado pola Liga de Amigos de Barallobre que culminará cunha exposición e un calendario.

ESCOITA O PODCAST:

“O Barallobre actual” é unha iniciativa da sociedade Liga de Amigos de Barallobre para implicar á veciñanza no envío de fotografías relacionadas coa parroquia fenesa. Fotos actuais de recuncho especiais, paisaxe, arquitectura ou natureza. De todo cabe nesta convocatoria que ten como fin publicalas no calendario que a entidade editará no ano 2021 e servirá de agasallo aos socios e socias. As doce imaxes que elixa o público, ilustrarán os doce meses do ano. O concurso botou a andar o pasado 26 de outubro e pechará a recepción das fotos o dia 10 de novembro. A presidenta da Liga, Dolores Fernández, anima á participación.

A intención é amosar toas as enviadas- neste momento pasan de 20- nunha exposición no local social de Barallobre entre o 23 de novembro e o 13 de decembro. O público será quen vote polas tres imaxes que mais lle gusten. Finalmente as 12 máis votadas serán as que se inclúan no almanaque. As persoas participantes poden enviar unha única fotografía da súa autoría, orixinal e inédita e enviala ao watsapp 616506661 ou ao correo: ligadeamigosbarallobre@gmail.com. Nos dous casos debe acompañarse dun texto co título da foto e os datos do autor ou autora, nome, apelidos e teléfono. O envío será válido ata o 10 de novembro.

 

(Na imaxe o Monumento ao camiante descoñecido, un dos recunchos máis fotografados de Barallobre)

Cultura

Publica o teu comentario agora