O Barallobre enfróntase ao Monfero o domingo

O Barallobre enfróntase ao Monfero o domingo

11 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

O Barallobre estrea a nova temporada na Terceira Autonómica de fútbol. A primeira fase empeza este domingo dia 13 de outubro, enfrontándose ao Monfero no campo do Xestal. O encontro principia o domingo ás 16.30h.

Os xogadores entrarán no campo co pe dereito. O equipo confórmano esta temporada: Adrian, Rubén Rico, Rubén Mayo (Estupa), Ivan Aldrey, Jose, Sergio, Quike, Iván Martínez, Alex, Cristian, Jonatan, Aarón, Alberto (Toril), Juan, Otero, Pablo, Pincho, Cristobal e David. Chingu e Juan Enrique ocuparanse dos adestramentos.

Sociedade