O Barallobre fura ao Sansa

O Barallobre fura ao Sansa
28 de Outubro, 2019 - 01:40 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre fura ao Sansa. Logra no campo da piscina a súa primeira vitoria. 1-3. Pereiro inaugurou o marcador e o segundo chegou a partir dunha falta. Mantiveron a portería a cero ata o descanso. Ao inicio da segunda parte, intentamos buscar o terceiro gol que pechara o partido da Segunda Galicia de fútbol, afirma o adestrador do Barallobre Óscar Varela.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Arquivo Radio Fene

O venres o Barallobre afronta a copa co Galicia de Mugardos. O domingo o Galicia de Mugardos B será o rival na Liga
Se botas contas aínda se pode lograr a clasificación para o denominado "grupo bo", máxime cando o equipo recupera a moral e a confianza en si mesmos, pero é complicado. Restan catro xornadas e hai que acabar o mellor posible, sentencia o técnico.

Deportes

Publica o teu comentario agora