O Barallobre rexurdirá como o ”Ave Fénix” na segunda volta

O Barallobre rexurdirá como o ”Ave Fénix” na segunda volta

30 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Borrón e conta nova para a Sociedade Deportiva Barallobre. Do malo tamén se aprende e os do Ramo aproveitarán a segunda volta para sair do pozo no que están mergullados e deprenderse dunha vez do título de colista. 

Tras unha primeira volta na que os de Javier Aguilar se veron as facianas cos grandes da liga agora tentarán rexurdir das súas cinzas. Os enfrontamentos contra os planteis que os acompañan nos últimos lugares serán as probas de fogo para resucitar a un Barallobre durmido ata o momento.

O mal estado do campo do seu contricante, o San Sadurniño, obriga a disputar o partido no Ramo. Un cambio de escenario que non favorece ao Barallobre segundo o xogador Iván Mourente. “Era mellor xogar a segunda volta  na casa pois decidiranse os postos de descenso”.  

A incorporación de moitos xogadores ao remate da tempada pasada, a falta de asistencia aos adestramentos por motivos laborais non favoreceu a boa posta a punto do conxunto. Agora o que toca é remontar e loitar por sair do furado rabuñando posicións.

Deportes