O bautismo fotográfico de Marián Romero

O bautismo fotográfico de Marián Romero

21 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A fotógrafa Marian Romero Alonso inaugurou no Ateneo Ferrolán a exposición que leva por título "De Caza". A mostra componse de 22 fotografías en cor agrupadas en cinco bloques temáticos nos que a mirada da artista "atrapa" por medio dun xogo de luces e sombras os impactos visuais que pode producir unha paisaxe. A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro día 2 de Decembro.

A exposición que dende hoxe se pode contemplar no Ateneo está estructurada en cinco bloques,todos eles de imaxes paisaxísticas nas que se plasman atardeceres, reflexos, olas e luces.A artista evita sobremaneira a utilización do retoque dixital xa que segundo ela mesma manifestou prefire intervir o menos posible no que o seu obxectivo captura.

 

Se unha foto non é boa de pouco serve o retoque, afirmou Marian Alonso. A fotógrafa dixo sentirse "tremendamente orgullosa" pola oportunidade de expor a súaa obra nunha institución como o Ateneo, algo que ela mesma significou como o seu "bautizo"fotográfico. Cabe suliñar que esta artista, anque novel, xa leva feito outras tres exposicións en espacios relevantes.

Cultura