O Baxi máis solidario

O catorce de novembro conmemórase o Dia Mundial da Diabetes
13 de Novembro, 2019 - 11:40 h. | Publicada por Radio Fene

O equipo ferrolán portará o sábado durante o partido, unha pancarta sobre a diabete. O exercicio físico é fundamental para os afectados por esta doenza.

O BAXI Ferrol volve xogar este sábado, ás sete da tarde, no pavillón da Malata ante o Laboratorios Ynsadiet Leganés, de Madrid, outro rival directo na loita por disputar a promoción de ascenso. Será o terceiro encontro que o club ferrolán destíne a unha causa solidaria e, nesta ocasión, serán os diabéticos os protagonistas da xornada no recinto da Malata. O equipo entregou 200 invitacións á Asociación Diabete Ferrolterra e mañá xoves día 14, aproveitando que é o Día Mundial da Diabete, entregarán dúas invitacións a todas as persoas que se sometan a un test de glucemia no vestíbulo do Arquitecto Marcide. O sábado durante o partido, o equipo portará unha pancarta sobre a diabete.

Deportes

Publica o teu comentario agora