O BNG aposta polos dereitos das mulleres cun aborto libre e gratuíto

O BNG aposta polos dereitos das mulleres cun aborto libre e gratuíto

30 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, defende o 21 de outubro como a oportunidade non só para plantar cara aos recortes económicos senón tamén para “facer frente aos recortes de dereitos básicos como o dereito das mulleres a decidir libremente sobre a súa maternidade”. Jorquera, durante un acto na Praza do Obradoiro “En defensa dos dereitos da

Jorquera lamentou que se estea a pór en cuestión dereitos elementais, como o dereito a que as mulleres decidan libremente sobre a súa maternidade, e lembrou que nos países con leis máis avanzadas en materia de interrupción voluntaria do embarazo e cunha concepción global das políticas sexuais e reprodutivas está demostrado que o número de abortos e de embarazos non desaxados é menor.

Neste sentido, advertiu que criminalizar de novo o aborto vai condear ás mulleres á clandestinidade, só vai traer consigo maior desprotección e inseguranza ao pór en risco en moitos casos a saúde das mulleres.

“Vivimos tempos no que está a debate a importancia de poder decidir, o dereito de Galiza como pobo a poder decidir sobre o seu futuro e o dereito a que as mulleres tamén poidan facer o proprio e nesa liña vai traballar o BNG, para que o 21 de outubro marque un novo tempo político”.

Sociedade