O BNG asegura que sí hai alternativa

O BNG asegura que sí hai alternativa

01 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O BNG presentou esta mañá en rolda de prensa unha enmenda de totalidade á Proposición de Lei coa que Partido Popular e Socialista pretenden reformar o texto da Constitución, unha iniciativa que o BNG define como una "falcatruada de extrema gravidade".

A reforma exprés da Constitución segue dando que hablar no Bloque Nacionalista Galego. Definíndoa como un feito extraordinariamente grave dende o punto de vista democrático, económico, e social, o BNG presenta un texto de enmenda coa que pretende evitar este "desmantelamento" segundo eles do poder público. 

 

 

Na rolda de prensa na que se presentou esta enmenda, o portavoz no Congreso,Francisco Jorquera, amosou a súa perplexidade ante a iniciativa e reiterou que a proposta de PP e PSOE deixa "en papel mollado" o modelo social da Constitución Española, reducindo a autonomía de futuros gobernos e abocando á desmantelación dos poderes públicos.

 

Pola súa banda, o portavoz nacional do partido, Guillerme Vázquez, tildou esta proposta como unha "falcatruada feita con nocturnidade e aleivosía" á que nin PP nin PSOE poden dar explicación, asegurando que o BNG continuará pelexando porque sí hai alternativa ante as políticas destes dous partidos, e porque segundo eles, "Son máis, pero non por iso teñen máis razón".

 

Finalmente, Guillerme fixo un chamamento á poboación para que asista á manifestación convocada para as doce da mañá do vindeiro venres día 2 na praza do Obradoiro, coa que pretenden loitar contra un feito "tremendo" que segundo eles dinamita o sistema democrático.

Institucional