O BNG completou a lista

O BNG é a primeira forza de Fene en presentar a súa candidatura ás eleccións municipais do 26 de maio
04 de Abril, 2019 - 12:17 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG elexiu unha maneira orixinal para presentar a súa lista a través das redes sociais. Cada dia, e de abaixo arriba foi dando a coñecer aos homes e mulleres que conforman unha lista cremalleira que conclúe mañá coa cabeza da candidatura, presidida por Juventino Trigo. O sabado será a presentación oficial nas instalacións do Pote de Maniños.

TrigoJuventino

O BNG é dos grupos máis madrugadores en Fene á hora de presentar a candidatura ás eleccións locais do 26 de maio. Baixo o lema “Coas ideas claras” os nacionalistas presentan a candidatura das municipais este sabado 6 de abril no Pote de Maniños. O acto empezará ás 19,30h. Intervirán a responsable local do Bloque, Digna Faraldo, o candidato numero 1 pola Coruña ao Congreso, Nestor Rego e o candidato do BNG á alcaldía de Fene, Juventino Trigo.

Sumaranse ao acto os outros candidatos e candidatas que lle siguen na lista e que foi dada a coñecer dun xeito novidoso nas redes sociais. Cada dia un candidato ou candidata ata chegar hoxe aos que ocuparán os numeros 3 e 4 e que son, por esta orde, Manuel Polo e Cristina García. O primeiro, que fora concelleiro de Fene durante oito anos, volve á primeira liña da política local ocupando o posto número tres da candidatura. Non é a primeira vez que Cristina García figura nas listas do BNG pero sí tan arriba. Será a numero catro da lista. Falta coñecer o número dous pero resulta evidente que será a actual concelleira Sandra Permuy quen ocupe ese lugar.

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora