O BNG de Fene demanda máis axudas municipais á escolarización

O BNG de Fene demanda máis axudas municipais á escolarización

25 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis axudas á escolarización reclama o  BNG de Fene porque a moitas familias custalles caro, por non decir imposible, dispor de libros, material e roupa e calzado a punto cando empeza un novo curso escolar. Tamén o grupo nacionalista criticou o endurecemento do acceso aos servizos sociais por parte do goberno, o que se traduce no concello de Fene no encarecemento do servicio de axuda no fogar para as persoas beneficiarias. O voceiro do BNG, Manuel Polo, transmitiu as q

No próximo pleno de marzo, o Bloque achegará unha iniciativa nova sobre o 8 de marzo que se carga de crítica á reforma da lei do aborto e a outras restriccións do PP para coas mulleres, "seguindo foros de tinte cristián defensores da familia".

O portavoz municipal do bloque referiuse a unha problemática recente, ás protestas dos usuarios-as da piscina municipal pola frialdade da auga. Recoñecido polo goberno local que o problema está no mal funcionamento das caldeiras, o Bloque demanda rapidez na solución. Tamén manifestou, no espacio As Foxas, as queixas polo mal estado de viais, algúns deles nos que se actuóu recentemente e que xa están esfondados. O camiño das Arangas en Maniños é un dos casos, o outro a estrada da Fraga.

O BNG reitera a demanda de reformar a Praza do Espectador, a chamada praza do Perla en Perlío, na idea de respetar o monumento de Suso Basterrechea, despexándoo de xardiñeiras, bancos e outros elementos que invaden ese espacio público, desvirtuando o seu sentido.

Sociedade