O BNG de Ferrol demanda ao Ministerio de Defensa o pago dos impostos adebedados á cidade

O BNG de Ferrol demanda ao Ministerio de Defensa o pago dos impostos adebedados á cidade

22 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo municipal do BNG de Ferrol presentará no seguinte pleno uha moción instando ao goberno local que demande ao Ministerio de Defensa un trato económico xusto para a cidade. Os nacionalistas esixen o pago do IBI de navantia, en tempo e forma, sen necesidade de recurrir á vía xudicial. Ademais reclaman o incremento da partida orzamentaria do goberno central para compensar a ocupación de terreos de Defensa, a incorporación á malla urbana e a cesi&oac

Segundo a formación nacionalista, o Ministerio de Defensa adebeda ao concello de Ferrol o IBI de varios exercicios polos terreos nos que se asenta Navantia. Estiman que a débeda ascende a medio millóns de euros anuais. O voceiro do BNG de Ferrol, Xoán Xosé Pita, explicou que este ministerio non paga ningún tipo de impostos por estes terreos nos que se atopan instalacións de recreo, deportivas ou de hostalería. Limítase a abonar o IBI de Navantia, con retraso e tras interpoñer recursos xudiciais en connivencia co goberno ferrolán, denunciou Pita. O voceiro nacionalista tamén criticou o recurte de Defensa da partida orzamentaria destinada á cidade departamental.

Ante estes feitos o BNG sinala a incapacidade do goberno de Irisarri para buscar unha solución que redunde positivamente nos intereses dos ferroláns e ferrolás. Asemade resaltou que en tempos de crise os gobernos locais deben dar exemplo e afirmou que agora é o momento xusto para negociar co goberno central os Orzamentos Xerais do vindeiro ano. Uns presupostos no que deberían reflectirse as demandas da cidade departamental, aseverou.

Institucional