O BNG demanda 24 millóns de euros máis para Lugo nos orzamentos xerais do estado 2010

O BNG demanda 24 millóns de euros máis para Lugo nos orzamentos xerais do estado 2010

02 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O BNG presentou as emendas aos Orzamentos Xerais do Estado 2010, onde reclaman un aumento substancial do investimento dedicado á provincia de Lugo. O partido nacionalista, por iniciativa do seu parlamentario Francisco Jorquera, pide 24 millóns de euros a maiores, xa que considera escasos os 314 que o Executivo destinará á provincia galega.

O grupo do Bloque no Congreso dos Deputados rexistrou como propostas de mellora das partidas no ámbito das infraestruturas e medio ambiente 10 millóns de euros para a Autovía A-54 no tramo Guntín-Monte de Meda; 2,2 millóns para o desdobramento da Ronda Norte en Lugo; 2 millóns en actuacións de seguridade viaria no cruce de Paraxes na N-640;  3 millóns para o Convenio co concello de Monforte de Lemos para obras de reurbanización do burgo medieval; 800.000 euros para o Convenio co concello de Monforte para a reforma da Praza de Abastos; 5 millóns para a Autovía A-56 Tramo Narón-Guntín; e un millón para a restauración e limpeza das marxes das concas dos afluentes do río Miño.

Sociedade