O BNG denuncia no Senado a saturación da conca do Sil

O BNG denuncia no Senado a saturación da conca do Sil

23 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A intervención de onte do Senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, no Senado arrancou coa denuncia da “saturación que padece a conca hidroeléctrica do Miño–Sil por mor da ubicación de máis de 70 centrais hidroeléctricas ao longo do seu percorrido,sendo moitas delas encoros”. Ademais, o representante nacionalista na cámara alta tamén indicou que as actuacións do Ministerio de Medio Ambiente e Medio R

Bouza enfatizou a situación do proxecto de Iberdrola de “Santo Estevo II” en Ourense, cuxas obras chegaron mesmo a secar o río Sil desde a presa de Santo Estevo ata a presa do Río Cabe. “Esta situación -explicou o senador- suscitou a alarma e a denuncia de diferentes organizacións ecoloxistas e unha do propio BNG, chegando a interpoñer dúas denuncias ante a Fiscalía”, explicou o senador. Ademais deste secado, o senador tamén indicou que se verquiron centos de toneladas de escombros no cauce do río e que, posteriormente, foron utilizados para construír unha pista dedicada á circulación diaria de camións e maquinaria pesada.

 

 

Xosé Manuel Pérez Bouza lamentou, asimesmo, na súa interpelación á Ministra Espinosa, a gravidade destes feitos, así como a pasividade da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que en ningún momento actúo de oficio ante semellante “atentado ecolóxico”, e transmitiulle a súa preocupación por esta falta de atención da administración estatal.

 

Pola súa banda, a Ministra de Medio Ambiente respondeu que estes aproveitamentos axústanse á lei e ao proxecto sobre as obras de Santo Estevo II e que contou cos informes favorables das Consellerías de Medio Ambiente e Innovación e Industria da Xunta de Galiza. Asemade, engadiu que Iberdrola realiza controis de auga e mesmo un caudal ecolóxico  para non agredir o río.

 

Sobre os expedientes  en tramitación explicou que existen na actualidade 67 de concesións de novos aproveitamentos, 42 en Galicia e 25 en Castela-León, dos cales 7 xa foron informados negativamente.

Sociedade