O BNG denuncia a relación do xefe de Territorio en Pontevedra con irregularidades urbanísticas en Sanxenxo

O BNG denuncia a relación do xefe de Territorio en Pontevedra con irregularidades urbanísticas en Sanxenxo

17 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O BNG reclama o cesamento do xefe territorial da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, José Luís Díez Yáñez, e a creación dunha comisión parlamentaria que depure a súa responsabilidades nunhas supostas irregularidades urbanísticas detectadas en Sanxenxo, e tamén as do seu superior, o conselleiro Agustín Hernández. Díez Yáñez foi apoderado do grupo Sedesa, impli

O deputado nacionalista, Bieito Lobeira, sostén que cando o popular Telmo Martín era alcalde de Sanxenxo, en 2006, asinara un convenio para a construción de vivendas de luxo en Monte Faro coa empresa Mirador polo que o Concello recibiría 5 millóns de euros a cambio de que a promotora non construíra vivenda protexida. Mirador pertence á Sedesa, compañía que, tras non poder desenvolverse a urbanización, reclama a devolución dos cartos ao Concello. Por todos estes subterfuxios na súa carreira, Lobeira considera que Díez Yáñez debe abandonar o cargo para o que fora recentemente fichado por Hernández, en substitución de Evaristo Juncal, quen dimitira tras coñecerse que fixera negocios con homes de palla de narcotraficantes.

Institucional