O BNG non recoñece a Zapatero nas súas reformas

O BNG non recoñece a Zapatero nas súas reformas

15 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Repaso dunha decepción. Niso consistiu a intervención do voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, durante a segunda xornada do Debate sobre o Estado da Nación, que remataba este mediodía. O deputado galego non aforrou críticas ao que definiu como “xiro antisocial e recentralizador” do presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero. “Converteuse aos dogmas da dereita económica”, reprochoulle Jorquera, antes de resolve

O BNG aproveitou o debate para reclamar solucións nos temas concretos que atinxen a Galicia. Criticado polo fracaso no compromiso de negociar o levantamento do veto da Unión Europea á construción naval civil no estaleiro de Navantia Fene, Rodríguez Zapatero sorprendeu na quenda de réplica afirmando que España aínda segue a negociar con Bruxelas a “suavización” das restricións.

Os nacionalistas galegos demandaron solucións ao decreto do carbón, á crise do sector lácteo e tamén acusaron ao Goberno de limitar o autogoberno, poñendo como exemplo a belixerancia contra a Lei Galega de Caixas de Aforros. Francisco Jorquera defendeu o modelo financeiro do BNG, que aposta por un sistema máis próximo á banca pública fronte á reforma da LORCA promovida polo Executivo central e que permitirá a entrada de capital privado nas caixas. Zapatero asegurou que se manterá a obra social das entidades, pero manifestou que a capitalización é o único “modelo sostible”.

Sociedade