O BNG pídelle á Xunta que comece as negociacións para crear a Policía Integral Galega

O BNG pídelle á Xunta que comece as negociacións para crear a Policía Integral Galega

21 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Bloque Nacionalista Galego instará ao goberno, a través da Cámara, a que deseñe unha estratexia de negociación co Estado para que no prazo non superior a un ano Galicia conte coa Policía Integral Galega. O deputado Alfredo Suárez Canal indicou hoxe que contar con esta Policía non só tería vantaxes como instrumento de autogoberno, senón que

Suárez Canal presentou hoxe unha batería de iniciativas ao respecto, entre elas unha proposición non de lei, co obxecto de dar cumprimento ao marco normativo aprobado na pasada lexislatura, que contemplaba a creación da dita Policía logo de dar os pasos precisos, en negociación co Estado, para a súa efectivización.

O deputado nacionalista advertiu, non obstante, de que malia existir todos os instrumentos para poder sacar adiante este proxecto, non se avanza nin se dan os pasos que restan porque hai un “camiño de volta atrás” por parte do actual goberno, nomeadamente da Consellería de Presidencia, que encaixa, na súa opinión, coa estratexia deseñada polo PP a nivel central dun proceso involutivo de recentralización competencial.

Para Suárez Canal, tanto as actuacións como os pronunciamentos que está a realizar o conselleiro sobre este asunto resultan preocupantes, dan a sensación de que renuncia á creación da Policía, e se rebaixan as aspiracións que, alomenos conceptualmente, Galicia tiña conquistado, como é a equiparación na vontade de autogoberno das “nacionalidades históricas”, pois contar cunha policía propia é un bo indicador do nivel de autogoberno dos territorios.

O deputado amosou a súa especial preocupación porque o modelo que semella estar a consolidar a Xunta é o da policía adscrita e pola busca de “frontes comúns” por parte do conselleiro con outras autonomías para consolidar un modelo policial no Estado que representa, na práctica, renunciar á Policía Integral Galega.

Suárez Canal lembrou que na pasada lexislatura se deron os pasos necesarios para completar nesta a creación da Policía, a través dunha Lei que, unha vez que se produza o traspaso de competencias, permita facela efectiva. Tamén se exteriorizou a vontade de incrementar o rango competencial galego neste ámbito, a través do requerimento do traspaso do tráfico e seguridade vial a defender no Congreso.

“Non é pois o momento de quedarse só na reclamación de incremento de efectivos da policía adscrita, senón de dar un salto cualitativo no incremento de autogoberno e na resposta máis flexible, eficiente e sen duplicidades ás necesidades de Galicia”, concluíu.

 

Institucional