O BNG presenta unha moción no Pleno do Congreso para regular os prezos do leite

O BNG presenta unha moción no Pleno do Congreso para regular os prezos do leite

06 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha moción que insta ao Goberno a defender, perante a Comisión Europea, a necesidade de establecer un prezo de referencia en orixe para o sector produtor de leite, de maneira que se garantan rendas dignas aos gandeiros. Así, o partido nacionalista levará a debate e votación no próximo Pleno que se convoque na Cámara Baixa este grave problema que está a

Despois do debate sostido coa Ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño, Elena Espinosa, Fernández Dávila porá sobre a mesa unha moción con 8 medidas a tomar polo Executivo para poder asegurar a estabilidade dos prezos lácteos a pagar aos gandeiros.

Prezos de referencia e maior control sobre as importacións lácteas

En primeiro termo, a deputada do BNG demanda o establecemento dun prezo de referencia do leite en orixe. Ademáis, pide que, en colaboración coas Comunidades Autónomas, se poña en marcha un programa rigoroso de control das importacións de produtos lácteos para evitar as prácticas de dumping.

Tamén reclama que o Goberno procure acordos na UE para regular o mercado no caso dos excedentes lácteos. Dávila demanda que se arbitren mecanismos de intervención que eviten o derrubo dos prezos pagados en orixe aos gandeiros co obxectivo de impedir o abandono de moitas explotacións agrarias.

Fernández Dávila quere que, a través da Comisión Nacional da Competencia, se analice e se emita un Informe sobre as causas que provocan a baixada dos prezos do leite, así como a negativa dalgunhas industrias a recoller o leite. Un Informe, sinala, “que deberá ser presentado no Congreso”.

A parlamentaria nacionalista tamén empraza ao Goberno a intensificar a interlocución coa Interprofesional Láctea a fin de lograr acordos sobre os prezos en orixe.

Sociedade