O BNG propón a creación dunha interprofesional láctea para sacar da crise ao sector

O BNG propón a creación dunha interprofesional láctea para sacar da crise ao sector

24 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Recuperar o protagonismo do sector lácteo galego. Iso é o que quere o BNG e para conseguilo vén de presentar unha proposición de lei no Parlamento Galego que permita a creación de interprofesionais no sector agroalimentario. Uns mecanismos que gozarían de amparo legal e que tomarían decisións de obrigado cumprimento. A portavoz de Medio Rural do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Tareixa Paz, asegurou nunha entrevista a Radiofusi&oacute

Por iso, os nacionalista reivindican un maior protagonismo do sector lácteo galego, como principal produtor estatal, e que a Xunta cumpra coas súas obrigas e non deixe o futuro dos galegos en mans das decisións adoptadas en Madrid.

A portavoz do Medio Rural do BNG asegurou que a proposición de lei para impulsar a creación de interprofesionais achegará ao sector unha maior seguridade e permitirá fixar prezos favorables para produtores e transformadores.

Tareixa Paz cre que as axudas directas outorgadas pola Consellaría do Medio Rural ao sector son insuficientes, o que fai necesarias outras iniciativas con visión de futuro coma esta, xa que as interprofesionais dotarían ao sector de mecanismos e foros nos que representar os seus intereses.

Non obstante, cren que os populares son máis partidarios de deixar no abandono aos produtores de leite do país, porque son partidarios do liberalismo e opóñense a un intervencionismo necesario.

De momento, o conselleiro Samuel Juárez avoga pola convocatoria urxente da comisión de seguimento madrileña, para tomar decisións e corrixir os problemas de aplicación do acordo lácteo que se están a producir.

Institucional