O BNG recurrirá a decisión de declarar inelixible ao alcalde de Arzúa

O BNG recurrirá a decisión de declarar inelixible ao alcalde de Arzúa

23 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O BNG anunciou que presentará un recurso contencioso contra a decisión da Xunta Electoral da Zona de Santiago de declarar "inelixible" o actual alcalde e candidato do BNG á reelección en Arzúa, Xaquín García Couso, e avisou de que, de non prosperar esta vía, acudirá o Tribunal Constitucional. Nun comunicado, a formaci

Así, o Bloque indicou que a recente reforma da lei electoral, acometida o pasado marzo, e en concreto o artigo que o PP esgrime para pedir a inelexibilidade, foi concibido "para delitos graves de rebelión e terrorismo e non para cuestións de carácter administrativo menor, como a que deu lugar á inhabilitación" do candidato en Arzúa. A sentenza que pesa sobre García Couso levaba consigo unha inhabilitación de seis meses, recordou o BNG, que considerou que "privalo agora do seu dereito fundamental a concorrer ao proceso electoral é tanto como agravar a súa condena e alongar a súa inhabilitación". "O castigo de seis meses converteríase nun castigo de catro anos --xa que non podería entrar na corporación municipal-- o que resulta evidentemente excesivo, agregou a formación frentista, que concluíu que, por iso, a resolución é "absolutamente desproporcionada".

Ademais, indicou que o alcalde de Arzúa foi condenado nunha sentenza, que aínda non é firme, a unha inhabilitación de medio ano pola demora na execución dunha orde que obrigaba o Concello a derrubar o sexto piso dun edificio. "Esta sentenza foi ditada en 1999, cando o goberno municipal de Arzúa estaba en mans do PP", reiterou o Bloque.

"É irracional que se aplique unha lexislación de excepción a un asunto de carácter absolutamente menor", protestou a secretaria de Organización do BNG, Montse Prado, que afirmou que os órganos xurisdicionais "teñen sempre que aterse ao espírito da lei e non causar un dano maior que o que se pretende reparar".

"POLÍTICA LIXO" DO PP

" Que sentido ten que se prive un candidato do seu dereito fundamental a presentarse ás eleccións por unha cuestión de carácter exclusivamente administrativo? ", cuestionou para logo criticar a "política lixo" do PP, ao que acusou de "xogar sucio".

Por iso, asegurou que, de ser desestimado o contencioso electoral, a formación nacionalista recorrerá ao Constitucional "pola vía do amparo electoral, ao considerar que a sanción da Xunta Electoral lesiona dereitos fundamentais".

Por último, Prado censurou o respaldo dado polo responsable provincial do PP, Carlos Negreira, e o "silencio" do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, sobre o candidato popular en Arzúa, Armando Cascón, quen "quixo chantaxear o alcalde". "Agora, non contentos con iso, intentan gañar nos despachos aquilo que non son capaces de gañar nas urnas", reprochou Prado.

Institucional