O BNG votará en negativo ao teito de gasto

O BNG votará en negativo ao teito de gasto

12 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O BNG dirá un no rotundo ao teito de gasto proposto polo goberno a pasada semana. Así de claro amosouse Carlos Aymerich, portavoz do grupo nacionalista no Parlamento, quen asegurou que o voto do seu partido no pleno de mañá será en negativo porque para eles é máis prioritaria a débeda que a Xunta ten cos cidadáns que a que ten cos bancos.

Deste xeito, xustificou Aymerich a súa postura, asegurando que non é razonable que os ingresos xerados a maiores na nosa comunidae non se invirtan en educación ou sanidade, senón que sexan únicamente para eliminar o déficit existente.  

 

 

Nesta reunión, estivo presente ademais Xosé Manuel Bouza, senador do Grupo Nacionalista, quen aproveitou a presenza dos medios para anunciar a súa solicitude de comparecer na cámara para dar conta do seu traballo como senador durante os últimos anos, unha iniciativa coa que pretende demostrar o seu esforzo polo interese dos galegos, e a transparencia do traballo dentro do seu partido.

Institucional