O bolero traballa como un soño

O bolero traballa como un soño

31 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O bolero traballa como un soño. Viola a realidade e permite teatralizar o imaxinario, non cesa de fabricar esas densidades. Con esa cita do libro de Iris Zavala, “O bolero. Historia dun amor” comeza o escritor Bieito Iglesias un dos seus relatos incluidos no volume “Contos da terra da tarde”. O literato ourensán narra unha viaxe a Cuba e as relacións nacidas ao ritmo do bolero, a melodía máis representativa e popular de Latinoamérica.

“Galicia é a terra da tarde, o occidente, solpor, ocaso, a fisterra de Europa” afirma Iglesias. Cando Bieito era novo, ia montado dacabalo co seu avó a unha tenda na que vian na televisión “Bonanza”. Misturábase así a tradición máis rural da periferia de Ourense, coa fantasía aportada pola televisión.

Contos e relatos

“O conto canónico é o que ven de Poe. Nel o importante é o final como a vitoria por K.O. Pero os meus relatos son en realidade novelas ás que se lle amputaron 400 páxinas. O lector coopera e restaura aquelo que se omitiu.” segundo o  autor de Contos da terra da tarde,volume de Editorial Galaxia que recolle 18 relatos que expresan un certo pesimismo sobre a identidade galega. “Tiña millo vello no hórreo”, afirma Bieito Iglesias á hora de xustificar a saida ao mercado deste novo volume.

Sociedade