O bon vivir de Karlotti

O bon vivir de Karlotti

25 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Para unha película daría a vida de Juan Carlos Valle, Karlotti, poeta ferrolán creador da “Semana da poesía salvaxe”, que se desnuda na biografía escrita por Marcos Lorenzo “Karlotti un poema crónico”. A obra inaugura a colección “ O bon vivir” da editorial Axóuxere. O primeiro que chamou a atención do autor - economista, antropólogo e xestor cultural- Marcos Lorenzo, foi a peripecia vital do perso

Lorenzo dalle un enfoque nada pexorativo ao calificativo de “vividor”. Karlotti é para o autor unha “persoa hábil na arte de vivir” Unha filosofía alonxada da cultura xudeo-cristiá que considera o traballo e o sacrificio como unha virtude.

Os poemas de Karlotti salpican a biografía "Karlotti, un poema crónico" que ten o seu punto álxido na viaxe emprendida polo protagonista, durante tres anos, polo mundo adiante. Este que sigue é un estracto desa peripecia:

“Foi un home que saíu de aquí e viviu moito mundo. Marchou de visita un mes a Praga e logo acabou dando voltas por varios países durante anos e traballando, por exemplo, en Afganistán ou nun circo en Irán. Montou dúas tabernas libertarias en Valladolid e foi instigador e figura cultural ‘underground’ nos tempos da Transición. Traballou en moitas cousas e non traballou en nada, viviu o día a día sen ningún dos medos que hoxe se nos queren inxectar. Un revolucionario vital que me inspirou neste proxecto aberto que máis que unha colección de vidas ilustres é un banco de ideas e de boas prácticas da vida no que estaría ben que nos miráramos”.

Carlos Valle "Karlotti" é o primeiro personaxe desta colección da editorial Axóuxere pero seguiranlle outras entregas de bos vividores e vividoras. Marcos Lorenzo so pode desvelarnos que a segunda protagonista será unha rapaciña nova de clase alta. Afirma Lorenzo que se trata dun proxecto colectivo e por iso propón a outras persoas que indaguen e escriban sobre personaxes que se axusten á máxima do "bon vivir".

Sociedade