O botín do atraco ao Banesto podería superar os 90.000 euros

O botín do atraco ao Banesto podería superar os 90.000 euros

10 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Dous atracadores cometeron esta mañá un espectacular roubo na sucursal de Banesto en Negreira. O botín podería superar os 90.000 euros, ainda á espera do arqueo que realizan empregados da entidade bancaria.O suceso ocorreu pouco antes das oito da mañá e non hai que lamentar feridos. A Garda Civil investiga o caso, e utilizou ao longo da mañá un helicóptero para intentar localizar aos atracadores.

Unha parella de individuos esperaron na súa vivenda do Milladoiro ó traballador que tiña a chave da sucursal, onde o levaron no seu propio vehículo. Unha vez alí, entraron con el e esperaron a que chegase o resto do persoal. Os dous individuos, un deles con acento estranxeiro, retiveron nun cuarto ós traballadores, encanonándoos con armas e ameazándoos con que tiñan ás súas familias vixiadas.

Os ladróns esperaron o retardo da caixa de caudais e en dez minutos "limparon" o banco. Segundo fontes consultadas, o montante do roubado podería superar os 90.000 euros. Os atracadores fuxiron no propio vehículo do traballador que lles abriu porta da sucursal baixo coerción.

Sociedade