O Cabildo Catedralicio e Vázquez Portomeñe, Medallas de Ouro de Galicia

O Cabildo Catedralicio e Vázquez Portomeñe, Medallas de Ouro de Galicia

16 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A Xunta acordou recoñecer o Ano Santo Xacobeo coas Medallas de Ouro de Galicia ao Cabido da Catedral de Santiago de Compostela e a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe polo labor desempeñado, tanto no ámbito civil como no relixioso, na promoción e impulso do que define como "unha das nosas principais construcións colectivas". Esta concesión, a máxima condecoración que concede o Goberno galego, premia "a tarefa de constru&

A medalla ao Cabido Catedralicio busca recoñecer o traballo desempeñado pola Igrexa tanto na difusión e garda do Ano Santo Compostelano, a piques de cumprirse o oitavo centenario da Catedral de Santiago.

Pola súa banda, nun comunicado o Goberno aclara que a entrega da medalla a Víctor Vázquez Portomeñe persegue resaltar o traballo da sociedade civil na construción do Xacobeo, conseguindo ampliar unha realidade espiritual e relixiosa a outra cultural e económica, personificado na figura do ex conselleiro de Educación e Cultura encargado de organizar o primeiro Xacobeo.

Institucional