O CAFI, un "centro de referencia a nivel estatal"

O CAFI, un "centro de referencia a nivel estatal"

13 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá o CAFI, Centro Autonómico de Formación e Innovación, un edificio dende onde se tratará de proporcionar ao profesorado galego unha formación continuada en materias actuais, como multiculturalidade ou novas tecnoloxías.

O goberno de Galicia preocúpase pola formación do profesorado poñendo en marcha o Centro Autonómico de Formación e Innovación, o CAFI, un edificio que funcionará como núcleo central dunha estratexia que trata de cubrir as novas necesidades do profesorado de hoxe en día, supoñendo un aforro que o Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, cifra en torno a uns 800.000 euros ao ano. 

 

 

Este centro, cuxo traballo verase complementado co de outros seis centros nas principais cidades galegas e outros 28 no total da comunidade, permitirá focalizar a atención en distintas áreas que hoxe afectan ao profesorado, principalmente a multiculturalidade, a integración, a aprendizaxe de novas linguas, e a introducción das TICS, tratando de chegar ao maior número de poboación posibel.

Institucional